Por resolución desta alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación dunha parcela sita en Cacheiras, tramitado por instancia de Hermanos Lago Ríos, S.L.
A parcela ten unha superficie neta de 1.814,18 m, e estrema norte: Eugenia Pena de la Torre; sur: camiño público; leste: estrada C-541 e oeste: Carlos Soneira Trigo.
O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.
Teo, 24 de maio de 1999.
Armando Blanco Martínez
Alcalde

