O Pleno deste Concello, en sesión que tivo lugar o día 18 de maio de 1999, acordou e co voto da maioría absoluta dos membros desta corporación:
1.1. Inicia-los trámites pertinentes ante a Consellería de Educación para proceder á desafectación da escola unitaria de Randufe, sita no barrio de Chans da citada parroquia.
1.2. Cede-lo uso, unha vez conceda a consellería a desafectación indicada no punto primeiro, con carácter temporal, da escola unitaria de Randufe á Asociación Galega de Hemofilia para situar nela o centro de talleres ocupacionais para xoves hemofílicos de Galicia e do resto de España.
2.1. Informar favorablemente, a través dos trámites legalmente establecidos, que a Consellería de Educación constitúa en Tui o chamado Colexio Rural Agrupado, toda vez que este significa a elevación da calidade do ensino nesta comunidade, contribuíndo á súa revitalización sociocómica e cultural.
2.2. Inicia-los trámites pertinentes ante a Consellería de Educación para proceder á desafectación das vivendas dos mestres do colexio de Guillarei-Gándara.
2.3. Cede-lo uso, unha vez conceda a consellería o Colexio Rural Agrupado e a desafectación indicada no punto anterior, con carácter temporal, dun local para a creación do Colexio Rural Agrupado, correndo a cargo do concello os gastos necesarios de conformidade coa legalidade que sexan precisos para a súa posta en funcionamento.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 8 do vixente Regulamento de bens das CC.LL podendo presentarse as oportunas alegacións ou reclamacións contra este acordo no prazo dun mes desde a derradeira publicación deste edicto no BOP e no DOG.
Tui, 20 de maio de 1999.
Antonio F. Fernández Rocha
Alcalde

