O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día dez de xullo de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos de bases de actuación da U.A.8 Grades en Oia, conforme a documentación presentada por propietarios de terreos da devandita unidade de actuación.
Sométese a informaicón pública polo prazo de vinte días, mediante inserción do anuncio no DOG.
Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde a publicación no BOP e no DOG. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 29 de abril de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde, presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

