Aprobado polo Concello Pleno, en sesión con data do 26-3-1999, o prego de cláusulas que rexerá o concurso para contratar, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, o Servicio de Axuda no Fogar, exponse ó público durante o prazo de 8 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións.
Asemades publícase un extracto deste co fin de que os interesados poidan presenta-las correspondentes proposicións. O prazo de licitación interromperase no suposto de que se formularan reclamacións.
Obxecto: a prestación do Servicio de Axuda no Fogar.
Tipo de licitación: non se fixa.
Duración do contrato: 5 anos naturais, podendo prorrogarse por anos vencidos.
Expediente: atópase na secretaría do concello onde se poderá examinar durante o prazo de presentación de solicitudes, en horario de 9.30 a 13.30 horas.
Garantías: provisional: 100.000 ptas., definitiva: 200.000 ptas.
Criterios que servirán de base para a adxudicación:
a) Prezo por hora de traballo efectivamente realizado.
b) Organización e medios cos que conta a empresa.
c) Entidade constituída por colectivos de difícil reinserción social.
d) Formación do persoal relacionada co traballo que se vai desenvolver.
Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa, de 9.30 a 13.30 horas, ou por correo na forma legalmente establecida, dentro dos 26 días naturais seguintes a aquel en que se publique o último anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións que se atopa á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.
Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Apertura de proposicións: terá lugar no concello ás 12 horas do segundo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado celebrarase o seguinte día hábil.
Vilagarcía de Arousa, 30 de abril de 1999.
Joaquín Javier Gago López
Alcalde

