Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

O Concello de Xermade (Lugo) anuncia concurso relativo á execución da obra de pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Lousada, Roupar, Cabreiros, Miraz e Xermade, polo procedemento aberto.

-Prazo de execución: 5 meses.

-Tipo de licitación: 20.698.314 pesetas (124.399,37 euros).

-Fianzas: provisional 2% do tipo de licitación, e 4% a definitiva.

-Información: Concello de Xermade (Lugo). Teléfono: 982 50 10 01 e 982 50 10 02.

-Prazo e horas en que poderán presentarse proposicións na Secretaría: de 9 a 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo ou no DOG.

-Apertura de afertas en acto público: ás 13 horas do día seguinte hábil a aquel en que acabe o prazo de presentación de licitacións, na casa do concello.

-Os anuncios derivados da publicación da licitación serán por conta do adxudicatario.

-Clasificación do contratista: G-6-c.

Xermade, 26 de maio de 1999.

Manuel González Fernández

Alcalde