Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 19 de maio de 1999, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de obras.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: rehabilitación de muíño para restaurante no río Fervedoira de Lugo.

3. Orzamento: cincuenta e cinco millóns trescentas oitenta e tres mil seiscentas trece pesetas(55.383.613 ptas.).

4. Prazo de execución: sete meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Sección Servicios Xerais-Negociado de Xestión de Programas. Rexistro e información.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 14 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 111, do 19 de maio de 1999.

Lugo, 19 de maio de 1999

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo