1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.
2. Obxecto: rehabilitación de muíño para Centro de Interpretación do río Miño.
3. Orzamento: corenta millóns cento dezaoito mil cincocentas unha pesetas(40.118.501 ptas.).
4. Prazo de execución: sete meses.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: Sección Servicios Xerais-Negociado de Xestión de Programas. Rexistro e información.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 14 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 111, do 19 de maio de 1999.
Lugo, 19 de maio de 1999
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo

