A Lei 4/1989 do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da fauna e flora silvestres regula, no seu título III, as figuras de protección para aplicar nos espacios naturais, establecendo que poderán ser monumentos naturais aqueles espacios ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, así como por formacións xeolóxicas, xacigos paleontolóxicos, e demais elementos da xea que reúnan un especial interese pola súa singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos; por todo isto,
RESOLVO:
Para os efectos previstos no artigo 16 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre, ábrese un prazo de información pública, para a declaración da fraga de Catasós como monumento natural.
O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro, Santiago de Compostela ) ou na Delegación desta Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra (Benito Corbal, 47, 5ª planta, 36071 Pontevedra), para que se formulen ó expediente cantas
alegacións se consideren oportunas, nun prazo de 30 días contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente

