En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación de canteira Toldaos, situada no termo municipal do Incio (provincia de Lugo) e promovida por Miguel Ángel Moscoso Mao.
2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.
-Concello do Incio.
3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 1999.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental