1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: subministración dun mínimo de tres (3) tractores e maquinaria complementaria.
2.2. Prazo de execución: 90 días ou o menor prazo ofertado polo adxudicatario.
3. Orzamento base de licitación.
Importe total: 29.700.000 ptas. IVE incluído.
4. Fianza provisional.
2% do orzamento da contrata ou do lote ó que se presenten ofertas.
5. Fianza definitiva.
4% do orzamento da contrata ou do lote adxudicado.
6. Documentación e información.
6.1. Documentación.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.
6.2. Información: teléfono 981 54 17 49.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
7.3. Lugar de presentación.
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidad y código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide
en sábado ou festivo se trasladará ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
10) Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 1999.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Conselleria de Medio Ambiente

