Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 29 de abril de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, que ten por obxecto ordea-lo volume e reaxustar aliñacións e rasantes na unidade de actuación número 31 (UA-31), sita no Petón, Meicende-Arteixo, promovido por José

Rodríguez Vázquez e redactado polo arquitecto Alberto Peris Caminero. (Expediente 37/1998.PED).

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sala do contencioso-administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día siguiente ó da data da publicación deste anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercico das demais accións que se consideren convenientes.

Arteixo, 20 de maio de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde