O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 27 de abril de 1999, acordou aprobar definitivamente os estudios de detalle, no que se refire ó sinalamento de aliñacións e rasantes, e ordenación de volumes, promovidos por:
Antonio García Varela, en representación de García Bujía, S.L. de parcela sita na Lagoa, parroquia de Ouces.
Luis Meijide Boo, de parcela sita en Moruxo, parroquia de Moruxo.
Pilar Rodríguez Pardo, de parcela sita en Carrio, parroquia de Bergondo.
Conta este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da devandita publicación.
Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Bergondo, 30 de abril de 1999.
José Carabel Balsa
Alcalde-presidente

