O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 29 de abril de 1999, prestou aprobación ó proxecto de electrificación e iluminación pública no parque empresarial de Quiroga, redactado polo enseñeiro técnico industrial M. Ferreiro Fernández e polo importe de corenta millóns setecentas corenta e sete mil seiscentas corenta e oito (40.747.648) ptas.
O que se expón ó público polo prazo de 15 días naturais (contados a partir do seguinte ó da publicación do edicto no DOG) para efectos de exame e presentación de reclamacións, de non presentarse, entenderase definitivamente aprobado.
Rubricado

