Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do 9 de abril de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación e os proxectos dos estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono B do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) en San Lázaro, promovidos por promociones Manusan, S.L., Explotaciones Costel, S.L. e Procruz, S.L.

O texto íntegro dos estatutos e bases de actuación aprobados definitivamente foi publicado no BOP número 109, do 15 de maio de 1999.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados

desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de rexeitamento presunto do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, os propietarios de terreos afectados por esta actuación poderán solicita-la súa incorporación á xunta de compensación.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1999.

Xosé Sánchez Bugallo

Alcalde