Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disposto na LCAP anúnciase o concurso, con procedemento aberto e de tramitación urxente, da subministración incluída na I fase do Plan 2000 Baixas, Anualidade 1999, conforme o prego de cláusulas administrativas xerais adaptado aprobado polo Pleno da Deputación Provincial na sesión que tivo lugar o día 27 de maio de 1996 e publicados no BOP nº 123, do 30 de maio de 1996, e modificación puntual dos citados pregos, aprobada polo Pleno en sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 1996, e publicada no BOP nº 282, do 9 de decembro de 1996.

1. Obxecto e tipo de licitación.

Adxudicación das obras incluídas nos proxectos de obra seguintes:

Denominación: equipamentos municipais, (rozadora).

Tipo licitación: 2.349.000.

2. Prazo de execución.

O prazo de execución será dun mes desde a formalización do contrato.

3. Fianza provisional.

Fíxase no 2% do orzamento de licitación.

4. Fianza definitiva.

Fíxase no 4% do importe da adxudicación.

5. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde a última publicación no BOP ou DOG. Se o último día natural cadrase en sábado, o prazo trasladarase ó día seguinte hábil.

6. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. Se cadrase en sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

7. Modelo de proposición e documentación.

As proposicións presentaranse en tres sobres, A, B e C.

Sobre A: subtitulado Oferta Económica.

Conterá a proposta económica formulada estrictamente conforme o seguinte modelo:

D. ....., con domicilio en ....., rúa ....., nº ....., teléfono ....., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº ....., actuando en nome propio (ou en representación de ..... DNI ou CIF nº ..... e con domicilio en ....., rúa ....., nº ....., teléfono .....), toma parte no procedemento aberto para a adxudicación

da subministración comprendida no proxecto de ....., para o cal fai constar:

a) Que ofrece un prezo de ..... ptas, que significa unha baixa de ..... ptas. en relación co tipo de licitación.

b) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

c) Que se xunta á documentación esixida no prego de condicións.

....., ..... de ..... de 19..

O licitador (asinado e rubricado)

Sobre B: subtitulado Documentación.

Conterá a documentación especificada nos pregos.

Sobre C: subtitulado Referencias Técnicas.

Conterá a documentación especificada nos pregos.

Val do Dubra, 27 de maio de 1999.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde