O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 15 de abril de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de ampliación da rúa Doutor Cadaval e a relación de bens e dereitos afectados de expropiación pola execución deste, declarando expresamente a necesidade concreta de ocupación, redactados polos servicios técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo en outubro de 1998.
Relación de bens e dereitos afectados de expropiación:
Parcela 01: parcela e edificación situada na rúa Príncipe esquina a rúa Doutor Cadaval, composta de planta baixa, dúas plantas de piso e ático.
Superficie de parcela de 89 m.
Superficie da construcción: tres plantas duns 267 m e ático duns 50 m. A superficie total é de 317 m.
Propietaria: Elisa Gómez Mosquera.
Parcela 03: parcela e edificación situada na rúa Doutor Cadaval, esquina a calello de Aurora, composta de planta baixa, planta de piso e ático.
Superficie da parcela é de 83,16 m.
Superficie das construccións: edificación principal duns 166 m e ático de 77 m. A superficie total é de 243 m.
Propietario: Ramón Iglesias Seoane.
Parcela O1: indemnización traslado local de negocio situado no baixo da edificación nº 2 da rúa Príncipe.
Titular: Vigo Costura, S. L. (antes Cividanes y Márquez, S.L.).
O presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 de Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.
Vigo, 3 de maio de 1999.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

