Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, en Comisión de Goberno do Concello do Grove do 5 de abril deste ano, o estudio de detalle para novas sinalizacións de aliñación no lugar dos Pardiños, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Enrique Moisés Fernández Sánchez.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente, atópase á disposición dos interesados nas oficinas de secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou ós que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 4 de maio de 1999.

José A. Galiñanes Mascato

Alcalde