Nos boletíns oficiais da provincia de Lugo números 70, 89 e 91 con datas do 27 de marzo, 21 e 23 de abril de 1999 respectivamente, publícanse as convocatorias, bases xerais e bases específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario e laboral que a continuación se relacionan, vacantes na R.P.T. desta entidade para o ano 1999, para prover polo sistema de concurso-oposición, reservadas a promoción interna.
Cadro de persoal funcionario
Nº prazas Denominación Grupo
16 Auxiliar de clínica D
Cadro de persoal laboral
Nº prazas Denominación Grupo
1 Capataz D
5 Auxiliar de clínica D
Nº prazas Denominación Grupo
1 oficial fontaneiro
1 oficial oficios múltiples
1 oficial mecánico
1 oficial xardineiro5 Oficial: 1 oficial carpinteiro
D
Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que figura no anexo I das bases xerais e que se facilitará no Negociado de Selección, Promoción e Carreira (Sección de Administración de Persoal) desta deputación provincial, presentaranse no rexistro xeral desta entidade, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Faise constar expresamente que os sucesivos anuncnios que se deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.
Lugo, 28 de abril de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo

