Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.980

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DA CORUÑA

POXA de armas.

Ás 9 horas do día 26 de xuño de 1999 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas no lugar de Lonzas-San Cristovo, a poxa de armas composta de 635 lotes de armas, entre escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ó público os días 21, 22, 23, 24 e 25 de xuño, no dito acuartelamento, das 9 ás 14 horas, momento no que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o seu prazo de entrega coas ofertas concluirá ás 14 horas do día 25 de xuño.

A estas poden concorre-las persoas que o desexen e que estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 19 de maio de 1999.

José Furelos Mogo

Tenente coronel primeiro xefe da Comandancia

da Garda Civil da Coruña