Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso aberto, con tramitación urxente, para o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Baiona para a prestación do servicio de lonxa. (Expediente 13-28-99-C-01).

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: Clave: (13-28-99-C-01)

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Baiona para a prestación do servicio de lonxa.

Lugar da concesión: Baiona (Pontevedra).

Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: 34.184 ptas.

Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central)

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707

Teléfono: 981 54 45 02

Telefax: 981 54 52 02

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas

7. Requisitos específicos do solicitante

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar da presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central)

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707

Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central)

Localidade: Santiago de Compostela 15707

Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia