Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999 pola que se fai pública a caducidade da concesión outorgada a Inmobiliaria La Toja, S.A. para a construcción e a explotación dun porto deportivo de invernada na illa da Toxa.

Por resolución desta presidencia declarouse a caducidade da concesión outorgada á Sociedade Inmobiliaria La Toja, S.A. para construcción e explotación dun porto deportivo na illa da Toxa.

Contra o citado acto administrativo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a correspondente sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, ante esta presidencia, de acordo co disposto no artigo 116 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fdez. Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia