Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 24 de maio de 1999, aprobou o prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, trámite de urxencia, de adquisición dun vehículo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 4.500.000 ptas.

Fianza provisional: 90.000 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sabado, que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo dos trece (13) días naturais contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

Documentación: presentarase nun sobre pechado e axustado ó modelo que figura no prego de con

dicións, que se encontra exposto ó público nas oficinas xerais do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 27 de maio de 1999.

Manuel Varela Rey

Alcalde