Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo Pleno da Corporación Municipal o prego de cláusulas administrativas e outros extremos para a adxudicación por concurso do contrato de explotación e xestión do albergue/restaurante/bar e contorno do antigo mosteiro de Toxosoutos. Lousame (A Coruña), anúnciase o concurso, facendo públicas as cláusulas esenciais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Lousame.

Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: explotación e xestión do albergue/restaurante/bar/contorno do antigo mosteiro de Toxosoutos, Lousame (A Coruña).

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Prego base: 5.000.000 de ptas.

5. Garantía provisional: 2% s/prego base.

Garantía definitiva: 4% s/prego definitivo de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

7. Presentación de ofertas: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e BOP, prevalecendo para o cómputo do prazo a publicación posterior no tempo en calquera dos dous diarios oficiais, no rexistro xeral do concello, en horario das 9 ás 14 h.

8. Documentación que hai que presentar e modelo de proposición: constan no prego de cláusulas.

9. Apertura de proposicións.

O quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás sábados, ás 18 h, no salón de sesións do concello.

10. Obtención de información e copia de pregos.

Casa do Concello de Lousame, Portobravo nº 1, onde se facilitarán copias completas do prego de cláusulas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Lousame, 26 de maio de 1999.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde