Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a obra seguinte:

Obxecto: vestiarios no campo de fútbol de Montrove.

Orzamento: 18.034.373 ptas. (IVE incluído).

Fianzas:

Provisional: 360.687 ptas.

Definitiva: 721.375 ptas.

Prazo de execución: doce semanas.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP, ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 25 de maio de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa