De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro),
de medidas fiscais, administrativas e de orde social; e tentada notificación por dúas veces sen que se puidese practicar por causas non imputables á Administración tributaria, polo presente anuncio cítanse os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se relacionan no anexo, para seren notificados por comparecencia do inicio do procedemento de constrinximento, acto dictado polo órgano competente indicado, tratándose dun procedemento executivo.
Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da presente publicación en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres na Dependencia de Recadación da AEAT en Cádiz, sita na praza da Constitución s/n, para efectos de se practica-la notificación do citado acto.
Así mesmo, advírteselles ós interesados ou ós seus representantes que, de non compareceren no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Cádiz, 12 de abril de 1999.
María Angustias Caballero Contreras
Xefa da Dependencia de Recadación de Cádiz
Datos do contribuínte Concepto/Descrición/Obx. Trib. Clave liquidación Importe F. Pro. Ap.
Servicio Integral de Tanques, 5
Pg/ ind Eltorno Cl Gremio, 3
Chiclana Flo
011316650
Sanción Exp.: 1995/1624 P. ter. O.P. C1100097270055971 60.000 16-12-1997

