De conformidade co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non
imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a dependencia de recadación, unidade de recadación de débedas de menor contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo.
Suxeito pasivo Concepto/Obx. Tributario Acto que se notificará
B33437336 Astur Galaica, S.L. Sanción Exp.: 1996/R 592 Providencia de constrinximento B33390949 Cañacel, S.L. Sanción Exp.: 1997/315 Providencia de constrinximento 11423630J Fernández González, Jorge Sanción Exp.: 1997/LU-200 Providencia de constrinximento A29077625 Frutas Cid, S.A. Sanción Exp.: 1997/OU-0151-O-97 Providencia de constrinximento 33789456H López Núñez, Nieves Trans. Exp.: 1998/01754 Providencia de constrinximento 9392037M Sebastiao Baptista, Laureano Sanción Exp.: 1996/LU-01562-O Providencia de constrinximento
En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Principado de Asturias, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na dependencia de recadación de débedas de menor contía, Delegación de Oviedo unidade de recadación da Axencia Tributaria, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo, ou na delegación ou administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.
Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos
legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Oviedo, 15 de abril de 1999.
Mª Teresa Pisano Avello
Xefa da Dependencia de Recadación de Oviedo

