A Alcaldía Presidencia, con data do 7 de maio de 1999, dictou a seguinte resolución:
1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación redactado polos servicios municipais para proceder á expropiación dos bens e dereitos afectados polas accións denominadas no plan xeral de ordenación municipal como QL-H10.01 Instituto Oza e VL-H10.01 c/ Montes.
2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.
3. Somete-lo citado proxecto ó tramite de información pública por termo dun mes, o que se formalizará mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, así como a notificación persoal os interesados nos termos previstos no artígo 144.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, todo iso para efectos de que durante o citado prazo poida ser consultado este nas dependencias do Servicio de Urbanismo dese concello, de luns a vernes, de 12 a 14 horas, e presentar cantas alegacións estime oportunas en defensa dos seus dereitos.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º la Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os posibles interesados de que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo de luns a venres, entre as 12 e as 13.30 horas. Así mesmo ponse de manifesto a conveniencia de presentar títulos de propiedade, certificación rexistral e demais documentos que xustifiquen a titularidade das parcelas e dereitos afectados.
A Coruña, 8 de maio de 1999.
Alcalde
P.D.
Salvador Fernández Moreda

