Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Adoptado polo Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 29 de abril de 1999, o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Arzúa, que ten a seguinte parte dispositiva:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Arzúa, tal como quedou redactada polo arquitecto Miguel Serrano Gómez, posto que durante os períodos de información pública dun mes, a que estivo sometido o expediente, non se formulou observación nin reclamación ningunha.

Segundo.-Declarar extinguida a suspensión do outorgamento de licencias que adoptara o Pleno do

Concello na sesión do día 26 de novembro de 1998, cando aprobou inicialmente a modificación puntual do referido plan parcial; o ámbito territorial de aplicación da dita suspensión de licencias quedara concretada no citado acordo plenario.

Terceiro.-Por razón do previsto no número 4 do artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor desta modificación puntual do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Arzúa, quedarán condicionadas ó cumprimento do disposto nos números 2º e 3º do referido artigo 48, así como ó establecido no artigo 70.2º, en relación co artigo 65.2º, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Procédese agora a efectua-la publicación esixida a través do artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Faise constar que o dito acordo pon fin á vía administrativa e que contra el pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; sen prexuízo de que se interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Arzúa, 11 de maio de 1999.

Manuel Moscoso López

Alcalde