Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999 pola que anuncia concurso público, con procedemento aberto, para contratación do servicio de lacería, desratización, desinfección e desinsectación no concello de Betanzos.

Aprobado polo Pleno da Corporación o 30-3-1999 o prego de condicións particulares-administrativas e técnicas que rexerá o concurso público para a contratación do servicio de lacería, desratización, desinfección e desinsectación no concello de Betanzos, exponse ó público por espacio de oito días hábiles, de acordo coa lexislación vixente. Simultaneamente, anúnciase concurso público, con procedemento aberto, para contratación do servicio de lacería, desratización, desinfección e desinsectación no concello de Betanzos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría xeral.

c) Número de expediente: 16/99.

2. Obxecto do contrato:

Prestación dos servicios de lacería, desratización, desinfección e desinsectación no concello de Betanzos, de acordo coas prescricións deste prego.

a) División por lotes e número: non.

b) Lugar de execución: concello de Betanzos.

c) Prazo de execución (meses): consta no prego de condicións particulares-administrativas e técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico: prezo máximo da contratación: 1.300.000 ptas. anuais, IVE incluído; admítense ofertas á baixa.

5. Garantías:

Provisional:

Definitiva: 4% do tipo de características do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista:

Os que constan no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar:

A que consta no prego de condicións particulares-administrativas e técnicas.

Lugar de presentación: secretaría xeral.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: doce horas.

11. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 3 de maio de 1999.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente