A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 3 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle de reforma de retranqueos a aliñacións na parcela B-2 para edificio multifamiliar na urbanización O Castriño, redactado polo arquitecto Jesús M. Diéguez Pazos e promovido por Hermanos Padín García, S.L.
De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse alegacións no mesmo prazo.
Vilagarcía de Arousa, 12 de maio de 1999.
Joaquín J. Gago López
Alcalde

