A Comisión Municipal de Goberno, en sesión con data do 3 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da Maroma, promovido pola Xunta de Compensación A Maroma e redactado polo arquitecto Enrique Porto Rey.
De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto de urbanización sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente nas oficinas municipais de secretaría a presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.
Vilagarcía de Arousa, 12 de maio de 1999.
Joaquín J. Gago López
Alcalde

