O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria de data 12 de maio de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de subdivisión da unidade de actuación UA-1 delimitada polas vixentes normas subsidiarias de planeamento do municipio de Oroso, e o estudio de detalle relativo a ordenación de parcela sita en rúa do Portiño-Sigüeiro, redactados por Alfonso Lage Pérez a instancia de Manuel Piñeiro Cernadas en representación de Promociones Inmobiliarias Chinto, S.L.
Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba
entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestima
ción presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.
Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Oroso, 19 de maio de 1999.
Eugenio Neira García
Alcalde-presidente

