O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 1998, acordou aprobar definitivamente os seguintes expedientes:
Modificación puntual do PXMO consistente no troco de uso dunha parcela dita no ámbito do Plan Parcial nº 5 (PP-5), Porto de Santa Cruz, Liáns, co fin de posibilita-la implantación dun centro de saúde.
Modificación puntual do artigo 131 nº 10 do texto refundido do PXMO, consistente en incrementa-la densidade residencial máxima de 30 viv/ha e a distribución da superficie edificada en función do uso, que pasará de uso residencial 2/3 e uso terciario 1/3 a:
Residencial en vivenda colectiva: 66,88%.
Residencial en vivenda familiar: 10%.
Comercial en Edif. exclusiva: 12%.
Residencial comunitario: 11%.
Complementario do viario: 0,12%.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a patir do día seguinte a aquel en que reciba a notificación do presente acordo.
Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no Art. 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, nos prazos establecidos no seu punto 2. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Oleiros, 3 de maio de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

