O Consello de Administración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo, na súa sesión do 3 de maio de 1999, a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria e extraordinaria. A reunión terá lugar o martes, día 29 de xuño de 1999, na sala de conferencias do Centro Cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz, nº 13 desta cidade, ás dezaoito horas en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segunda convocatoria, de conformidade coa seguinte orde do día.
1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.
2. Aprobación, se é o caso, da xestión do Consello de Administración, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación destes, do exercicio de 1998. Informe da comisión de control, no tocante á estes.
3. Aprobación, se é o caso, das liñas xerais do Plan de actuación anual.
4. Liquidación do orzamento de Obra Social 1998 e orzamento para 1999.
5. Informe da comisión de control sobre a súa actuación en 1998.
6. Autorización ó consello para a emisión de títulos
7. Exame e aprobación da fusión da Caixa de Aforros Municipal de Vigo e a Caixa de Aforros Provincial de Ourense, como primeira fase da integración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixa de Aforros Provincial de Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.
8. Aprobación, se é o caso, como balance de fusión, do balance da entidade pechado o 31 de decembro de 1998, verificado polos auditores de contas e modificado de conformidade co establecido no parágrafo terceiro do artigo 239.1º da Lei de sociedades anónimas.
9. Aprobación, se é o caso, das modificacións estatutarias que se van producir na Caixa de Aforros Municipal de Vigo, do texto refundido dos estatutos polos que se rexerá a Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e do Regulamento regulador do sistema de designación e elección dos órganos de goberno.
10. Aprobación, se é o caso, dos pactos complementarios da fusión.
11. Documentación de acordos e delegación de facultades.
12. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión pola asemblea.
Nota: comunícaselles ós conselleiros xerais que, con quince días de antelación á data de realización da asamblea en primeira convocatoria, poderán atopar á disposición deles, na sede central da entidade, o proxecto de fusión e anexos, as contas anuais e informes de xestión dos exercicios 1996, 1997 e 1998 das entidades Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixa de Aforros Provincial de Ourense e os correspondentes informes de auditoría sobre estes. Informe da comisión de control, os estatutos das caixas que se fusionan, o contido das modificacións propostas para os estatutos de Caixa de Aforros Municipal de Vigo e o proxecto de texto refundido dos estatutos polos que, se é o caso, se rexerá a entidade Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, o Regulamento regulador do sistema de designación e elección dos órganos de goberno da Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, os informes dos administradores das entidades participantes na fusión incluíndo a fundamentación económica e xurídica da fusión
proxectada, organización resultante e programa estratéxico, os balances de fusión das entidades Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixa de Aforros Provincial de Ourense, o balance resultante da fusión, o informe xustificativo das diferencias de valor existentes entre o balance de fusión de Caixa de Aforros Municipal de Vigo e o derradeiro balance aprobado e do que se fixo auditoría da mesma entidade, o informe xustificativo das diferencias de valor existentes entre o balance de fusión da Caixa de Aforros Provincial de Ourense e o derradeiro balance aprobado e do que se fixo auditoría da mesma entidade, os informes de expertos independentes sobor o proxecto de fusión e sobre o patrimonio achegado polas entidades participantes, o proxecto de escritura de fusión, os órganos de goberno da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, da Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e a súa composición.
Tamén se roga que os conselleiros xerais acudan coa necesaria antelación e provistos do documento nacional de identidade, para realiza-lo cómputo de asistentes de xeito que non se demore o comezo da asemblea.
Vigo, 3 de xuño de 1999.
Ramón Cornejo Molíns
Presidente do Consello de Administración

