Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.419

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria e extraordinaria.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense-Caixa Ourense, na súa sesión do 3 de maio de 1999, a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria e extraordinaria. A reunión terá lugar o martes, día 29 de xuño de 1999, no salón de actos da entidade, sito na Avda. de Pontevedra, nº 9, planta 1ª desta cidade, ás dezaoito horas en primeira convocatoria e ás dezaoito trinta horas do mesmo día en segunda convocatoria, conforme a seguinte

Orde do día

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Aprobación, se é o caso, da xestión do Consello de Administración, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación destes, do exercicio de 1998. Informe ó respecto da comisión de control.

3. Aprobación, se é o caso, das liñas xerais do Plan de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento da OBS de 1998 e orzamento para 1999.

5. Informe da comisión de control sobre a súa actuación en 1998.

6. Exame e aprobación da fusión da Caixa de Aforros Provincial de Ourense coa Caixa de Aforros Municipal de Vigo, como primeira fase da integración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixa de Aforros Provincial de Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.

7. Aprobación, se é o caso, como balance de fusión, do balance da entidade pechado o 31 de decembro de 1998, verificado polos auditores de contas e modificado de conformidade co establecido no parágrafo terceiro do artigo 239.1º da Lei de sociedades anónimas.

8. Aprobación, se é o caso, das modificacións estatutarias que terán que producirse na Caixa de Aforros Municipal de Vigo, do texto refundido dos estatutos polos que se rexerá a Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e do Regulamento regulador do sistema de designación e elección dos órganos de goberno.

9. Aprobación, se é o caso, dos pactos complementarios da fusión.

10. Documentación de acordos e delegacións de facultades.

11. Lectura e aprobación, se é o caso, da acta da sesión.

Nota: comunícaselles ós conselleiros xerais que, con quince días de antelación á data de realización da asemblea en primeira convocatoria, atoparán á súa disposición na sede central da entidade, o proxecto de fusión e anexos, as contas anuais e informes de xestión dos exercicios 1996, 1997 e 1998 das entidades Caixa de Aforros Provincial de Ourense e Caixa de Aforros Municipal de Vigo e os correspondentes informes de auditoría sobre estes; informe da comisión de control, os estatutos das caixas que se fusionan, o contido das modificacións propostas para os estatutos de Caixa de Aforros Municipal de Vigo e o proxecto de texto refundido dos estatutos polos que, se é o caso, se rexerá a entidade Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, o Regulamento regulador do sistema de designación e elección dos órganos de goberno da Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, os informes dos administradores das entidades participantes na fusión incluíndo a fundamentación económica e xurídica da fusión

proxectada, a organización resultante e o programa estratéxico, os balances de fusión das entidades Caixa de Aforros Provincial de Ourense e Caixa de Aforros Municipal de Vigo, o balance resultante da fusión, o informe xustificativo das diferencias de valor existentes entre o balance de fusión da Caixa de Aforros Provincial de Ourense e o último balance aprobado e do que se fixo auditoría da mesma entidade, o informe xustificativo das diferencias de valor existentes entre o balance de fusión da Caixa de Aforros Municipal de Vigo e o último balance aprobado e do que se fixo auditoría da mesma entidade, os informes de expertos independentes sobre o proxecto de fusión e sobre o patrimonio achegado polas entidades participantes, o proxecto de escritura de fusión, os órganos de goberno da Caixa de Aforros Provincial de

Ourense, da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, da Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e a súa composición.

Tamén se roga que os conselleiros xerais acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes de maneira que non se demore o comezo da asemblea.

Ourense, 3 de xuño de 1999.

Manuel Bermúdez Couso

Presidente do Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense-Caixa

Ourense