Anuncio de contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto básico e de execución de reposición de servicios e beirarrúas na rúa Iryda. Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato: a instalación dos servicios incluídos no proxecto do arquitecto Rosón Gasalla, máis as melloras que se poidan ofertar. Prazo de execución: cinco meses. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Tipo de licitación: 25.084.454 ptas. Garantía provisional: 501.689 ptas. Garantía definitiva: 1.003.378 ptas, máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.
Obtención de documentación: na Secretaría Xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, Tlf. 986 57 01 65, extensión 15. Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da Secretaría Xeral, das 9 ás 13 horas. Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre nº 1: presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3: melloras ó proxecto ou realización de obras análogas a maiores, debidamente cuantificadas e especificadas. Apertura: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para
a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten. Publicados no BOP de Pontevedra do 31 de maio de 1999. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Estrada, 3 de xuño de 1999.
O alcalde
Rubricado

