Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 15 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das NN.SS. de Arteixo, consistente en establecer unha serie de determinacións das NN.SS. de planeamento do termo municipal de Arteixo, no ámbito da UA-32, promovido por Juan Mª Abad Varela en representación de Guillermo Dafonte Fernández e da sociedade mercantil Promociones Rúa Buenos Aires, S.L. e redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 03/1999.PMP).

Arteixo, 2 de xuño de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente