Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 5 de xuño de 1999, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais no cuarteirón delimitado polas rúas Montero Ríos, Eduardo Vicenti, Pazos Fontenla e Xoán Carballeira; de conformidade co establecido no artigo 50 da Lei do solo de Galicia, en relación co artigo 48.2º do mesmo corpo legal, procédese á publicación do mencionado acordo no DOG e no BOP; así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

O que se notifica para os efectos oportunos e signifícase que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo

do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados de xeito idéntico.

Bueu, 7 de xuño de 1999.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde