A Comisión de Goberno, na súa sesión celebrada o día seis de maio de mil novecentos noventa e nove, acordou:
1. Aprobar, con carácter inicial o reformado do proxecto de urbanización da unidade de actuación 28-29, que ten por obxecto:
a) Reaxusta-los movementos de terra para acada-las cotas de referencia fixadas para as distintas zonas inicialmente.
b) Formalizar un espacio polideportivo aberto e unha área libre axardinada para uso colectivo na zona posterior do eficio existente no cuarteirón 29.
c) Substitución de farolas polo módulo de fundición de implantación municipal.
2. Somete-lo proxecto reformado a información pública por prazo dun mes.
Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o proxecto nas oficinas do Servicio de Urbanismo do concello e formula-las alegacións que consideren oportunas.
Culleredo, 11 de maio de 1999.
Julio Sacristán de Diego
Alcalde

