Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión ordinaria celebrada o 27 de abril de 1999, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso de méritos, dun posto vacante da escala da Administración especial, subescala técnica, denominación asesor xurídico.

No BOP nº 108, de data 14 de maio de 1999, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión do dito posto.

O prazo da presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 19 de maio de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde