Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-346).

Por acordo do Concello Pleno, en sesión de data 20 de abril do 1999, acordouse aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do predio urbano na Ferrala, 49, Lians, tramitado por Emilio Seguro Pérez.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 7 de maio de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta