Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-341).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 20 de abril de 1999, chegou entre outros, ó seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle na Avda. das Mariñas (N-VI) na unidade de actuación Rialeda, sito en Perillo.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado ou a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que reciba a notificación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Nembargantes, de conformidade co artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, contra os actos de aplicación e efectividade dos tributos locais e dos restantes ingresos de dereito público das entidades locais, poderá interpoñe-lo recurso de reposición previsto na Lei reguladora das facendas locais, segundo a redacción dada pola Lei 50/1998, do 30 de decembro.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, nos prazos establecidos no seu punto 2. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 10 de maio de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta