Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1999 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 5920/1999 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: distribución das campañas publicitarias institucionais nos medios de comunicación social.

Lugar de execución: Deputación Provincial.

Prazo de execución: 31 de decembro de 1999.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 38.000.000 de ptas.=228.384,6 euros.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 1.520.000 ptas.=9.135,38 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de xuño de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña