Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 255 P.O.L. 99 Pedrafita. Abstº agua a Santalla e Penacerveira e saneamento en Trabazas10.000.0006 meses----

Nº 269 P.O.L. 99 As Nogais. Saneamento de Folloval, Estacas, Nullán e Vilabol10.000.0004 meses----

Nº 272 P.O.L. 99 A Pobra de Brollón. Saneamento en Estación e na Pobra de Brollón10.000.0004 meses----

Nº 35 P.O.S. 99 Lourenzá. Explanación e servicios de acceso ó cemiterio8.718.0003 meses----

94 P.O.S. 99 O Corgo. Rexeneración pavimento P.C. de Conturiz ó Páramo, p.k. 8,700-10.4506.500.0003 meses----

Nº 106 99 Xermade. Reforzo do firme da C.P. de Casanova por Lousada ó de Lanzós a Vilapedre, p.k. 6,500 ó 8,2008.000.0004 meses----

Nº 57 ZAE O Saviñao. Pesqueira A Sardiñeira, p.k. 0-1,833.620.0009 mesesgrupo G, subgrupo 6, categoría c

Características:

1º Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2º Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3º Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4º Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5º Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.

6º Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7º Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se indica no encabezado (de ser esixible).

8º Representación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica, contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución: esixirase rigurosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9º Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10º Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11º Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 7 de xuño de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo