1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número do expediente: O99/32.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de retranqueo da liña de media tensión en Casablanca-Os Castros.
Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 49.071.709 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristina*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría e; grupo C, subgrupo 6, categoría e; grupo I, subgrupos 3, 5 e 6, categoría e.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resulta, sábado o día de finalización do prazo, quedará este atomaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: ata tres.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de retranqueo da liña de media tensión en Casablanca-Os Castros (Ref. O99/32)».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 27 de maio de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado

