Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación da realización dun estudio socioeconómico sobre a Cidade Vella e Peixería. (Ref. As99/18).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número do expediente: As99/18.

2. Obxecto do contrato: a realización dun estudio socioeconómico sobre a Cidade Vella e Peixería.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristina*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vienteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resulta, sábado o día de finalización do prazo, quedará este atomaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da realización dun estudio socioeconómico sobre a Cidade Vella e Peixería (Ref. As99/18)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de maio de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado