Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO para a adxudicación, por concurso, para a subministración (sistema renting) de dous vehículos destinados un á policía local e outro a servicios xerais.

Entidade adxudicadora:

Concello de Culleredo (A Coruña).

Praza do Concello, s/n, Tarrío-Culleredo (A Coruña).

Teléfono: 981 67 77 77.

Fax: 981 67 76 46.

Obxecto do contrato:

A subministración de dous vehículos (sistema renting) con destino na policía local (1) e servicios xerais (1) do Concello de Culleredo.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento: o orzamento total para os 48 meses de vixencia do contrato é:

-5.200.000 ptas., 31.252,63 euros, para o vehículo da policía local.

-2.500.000 ptas., 13.025,30 euros, para o vehículo de servicios xerais.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Garantía definitiva: 4% do orzamento.

Duración do contrato: 48 meses.

Obtención de documentos e información:

Concello de Culleredo.

Praza do Concello, s/n, Tarrío-Culleredo (A Coruña-España).

Enviaranse contra reembolso ou despois do pagamento dos gastos que ocasione.

Presentación de ofertas: 13 días naturais contados desde o último anuncio (BOP, DOG e BOE).

Apertura de ofertas: o primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. Se fose sábado trasladarase ó día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 9 de xuño de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde