Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-161).

Por decreto desta alcaldía nº 2510/1999, do 27 de abril, acordouse aprobar inicialmente a modi

ficación dos artigos 19 e 22 dos estatutos da entidade de conservación Pía de Maianca, en Maianca.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo do 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 4 de maio de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta