Por decreto desta alcaldía nº 2509/1999, do 27 de abril, acordouse aprobar inicialmente a modificación dos artigos 1º, 13º e 21º dos estatutos da entidade colaboradora de conservación Os Regos, en Oleiros.
Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo do 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.
Oleiros, 4 de maio de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

