Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente de modificación do PXMO).

Por acordo do Concello Pleno, en sesión de data 20 de abril de 1999, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral Municipal de Ordenación (PXMO) coa fin de cualificar unha parcela como dotacional deportiva privada, na urbanización Pía de Maianca, en Maianca.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo do 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 7 de maio de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta